Concerto de Pascua. Solo voces. Coro invitado: Coro xuvenil “SAUTI YANGU TU”

Venres 10 de abril
20:30 h
Catedral de Santa María (Lugo)

Solo Voces fundouse en 1992 como grupo vocal. Tras 34 anos de actividade, defínese como un coro de cámara especializado en música antiga e na recuperación de repertorios, en particular os de músicos da cidade de Lugo como Moreno Fuentes ou Montes. Teñen varios CD gravados, algúns deles con música lucense procedente de diversos arquivos da cidade, e hoxe en día este coro está considerado un grupo de referencia en Galicia. Participou en numerosos festivais e ciclos de música coral en lugares como Salzburgo, Madrid, Praga, Lisboa, Santiago de Compostela e anualmente, desde 2016, no Festival Internacional de Órgano de Corpus Christi en Lugo. O seu director é, desde o seu inicio, Fernando g. Jácome.
 
Sicut cervus - G. P. da Palestrina (1525 ca. - 1594)
O quam gloriosum est regnum - T. L. de Victoria (1548 ca. - 1610)
Sequentia (Missa de defuntos, a 5) - C. de Morales (1500 ca. - 1550)
Hanacpachap cussicuinin . J. P. Bocanegra (1560 ca. - 1645)
Cantate Domino - . Monteverdi (1567 - 1643)
_____
 
Ave Maria – Franz Biebl (1906 – 2001)
Beata es, Virgo Maria - Josu Elberdin (n. 1976)
Salve Regina – Pablo Rojas
Omni die - Juan Antonio Moreno Fuentes (1904 - 1987)
Crux fidelis - Juan Antonio Moreno Fuentes
O vos omnes - Pau Casals (1876 - 1973)
Ubi caritas - Ola Gjeilo (n. 1978)
Media vita - Michael McGlynn (n. 1964)
Cantate Domino - Karl Jenkins (n. 1944)
Dies irae - Michael John Trotta (n. 1978)
 
_______________________________________________________
Coro xuvenil “SAUTI YANGU TU”
Director: D. Manuel Yáñez Lage
Nace este coro por iniciativa do seu director Manuel, xa que foi él, o que soubo ver a necesidade
de que a música coral se achegase á xuventude, e qué mellor xuventude que os seus alumnos da
Escola Municipal de Música de Guntín.
“Sauti Yangu Tu” que traducido do suaxili significa “Só a miña voz” fixo a súa primeira actuación
o día das nosas letras do ano 2024 e dende aquela esforzase en cada ensaio e en cada actuación
para mostrar que a súa música nutre a alma e une corazóns.
Este ano preparou un concerto que leva por nome “El viaje del eco”, que consiste en temas do
folclore africano que acompañan unha travesía polas distintas paisaxes culturais e emocionais do
continente veciño. A voz, o ritmo e a espiritualidade compartida actúan coma un eco que
convoca, une e conduce a un espazo común de encontro.
Como pequeña mostra desta viaxe, hoxe presentan os seguintes temas:
 
Ngothando - Mbuso Ndlovu
Indodana - Tradicional isiXhosa (arr. Michael Barrett e Ralf Schmitt)