Novas
Concerto 30º aniversario de Solo Voces II. 21/01/23
Solo Voces volvemos ofrecer o público lugués o noso concerto de 30º aniversario. Celebrando os 30 anos de existencia, o pasado 26 de novembro ofrecemos un concerto especial en "O Vello Cárcere". Debido ao escaso aforo do local moita xente non puido asistir nesa ocasión. Para eles e elas vai esta nova edición do concerto, esta vez na Igrexa de San Pedro (Lugo) ás 19:30. Entrada libre até completar aforo. O programa, aquí:
Concerto 30º aniversario de Solo Voces. El Progreso (28/11/22/)
Solo Voces celebró sus tres décadas de culto a la música con un concierto en O Vello Cárcere
"Solo Voces, una de las agrupaciones corales más reconocidas de Lugo, celebrá sus 30 años de v.ida con un concierto·el pasádo .sábado que tuvo como escenario O Vello Cárcere. El público disfrutó del recital ofrecido por el conjunto, dirigido por Fernando Gómez Jácome, y que en esta ocasión tan especial también pudo seguirse por streaming, dado lo limitado del aforo. Solo Voces debutó el 20 de noviembre de 1992, durante la festividad de Santa Cecilia en el Conservatorio de Lugo, y para conmemorar sns tres décadas de vida eligió un repertorio con música pop, rock, bossanova y jazz, aµnque normalmente se centra en la música clásica y presta atención a compositores locales."
26 de novembro, Concerto 30º aniversario.
26 de novembro de 2022, ás 19:30 no Centro sociocultural "O Vello Cárcere". Solo Voces ofrecerá un concerto para celebrar o 30º aniversario de vida, desde aquel 20 de novembro de 1992 no que, comemorando Santa Cecidia no Conservatorio de Lugo, por primeira vez fixo unha aparición pública con un pequeno repertorio que marcaría o inicio dunha xugosa vida coral. Coa colaboración da pianista María Elena Rodríguez Fernández o concerto vai incluír temas do rock, pop, bossanova, jazz, clásico do repertorio de Solo Voces.
Para acceder ao concerto será preciso contar con invitación debido ao reducido aforo da sala de concertos. O programa, aquí:
Celebración de Santa Icía
O 22 de novembro ás 20:00 h. vaise celebrar na S.I.C.B. de Lugo unha eucaristía dedicada a comemorar a Santa Icía, padroeira cristiá dos músicos. Participaremos nove coros da cidade de Lugo, aportando os nosos cantos nos distintos momentos da litúrxia.
O dia seguinte, 23 de novembro, ás 21:00 h, na mesma Catedral, haberá un concerto "In festo Sanctae Ceciliae" no que intervirán Solo Voces, Coro do Hospital de Lugo, Orfeón Lucense e Concentus lucensis, con Nicolás Varela e Giulio Mercati aos órganos, interpretando un estupendo repertorio sacro. Ver programa:
Concertos en torno ao Corpus lugués e o Camiño Primitivo
O Grupo Vocal Solo Voces participaremos na serie de concertos que a Diócese de Lugo organiza entorno á celebración do Corpus Lugués e á posta en valor das igrexas e patrimonio artístico do Camiño Primitivo. O 15 de xuño daremos un concerto na Catedral de Lugo xunto á organista Vibeke Astner dentro do Festival de Órgano do Corpus Christi. O 9 de xullo participaremos na Noite Coral. O 15 de xullo, no ciclo Música no Camiño, faremos un concerto na igrexa do Carmen (Lugo) e o 16 de xullo en Vilabade.