Gustavo Freire

GUSTAVO FREIRE PENELAS (1885 – 1948)

Gustavo Freire Penelas (1885 – 1948) nace en Lugo. O seu padrastro iníciao no mundo da música, e en 1907 ingresa no conservatorio de Madrid. Tras sete anos de estudo empeza actuando en cafés, e finalmente incorpórase como violinista na Orquesta Sinfónica Nacional. Tras unha época de infortunios marcada pola morte da súa nai, a súa irmá e o seu padrastro, compón as rapsodias Festa na Tolda e Airiños. Despois da guerra volve a Lugo e faise cargo da orquestra do Círculo das Artes, onde dá tamén clases de música e concertos. En 1943 compón unha das súas obras cume: "Non chores, Sabeliña", zarzuela galega con texto de Trapero Pardo. A súa música está caracterizada por un forte sentimento de galeguidade e pola influencia das formas antigas.


Necrolóxica (El Progreso, 5 de setembro de 1948)

 

Tumba de Gustavo Freire no Cemiterio S. Froilán de Lugo

18 - Gustavo Freire - Romanza á Virxe dos Ollos Grandes