Historia Oficial
O Grupo Vocal "Sólo Voces" fundouse en Lugo en 1992. Desde entón leva traballando diversos ámbitos do repertorio coral: a música popular (rock, folk, pop ...) e a culta (gregoriano, música sacra e profana de autores consagrados, obras de compositores contemporáneos...), sempre con especial énfase nos autores galegos, e baixo a dirección de Fernando G. Jácome. Editou cuatro CDs: "Cantares" (ano 2000), con clásicos do rock e da música sudamericana, "Clásicos gallegos, Vol. 1" (ano 2000), coa Orquestra Municipal de Xove baixo a dirección de Xan Carballal, onde se recolle música de autores lucenses, "Nihil novum sub sole" (ano 2005) con música sacra do século XX, e "Dous séculos de música lucense" (ano 2011) baixo o patrocinio da Excma. Diputación de Lugo.
Aínda que sempre existiu a vocación de dar a coñecer a obra de músicos locais, precisamente con Clásicos galegos comeza unha nova etapa intensificando este labor de difusión, e en 2001 fan un concerto xunto coa Orquestra Municipal de Xove onde se representan varias obras de mocidade do lucense universal Juan Montes. En 2004 unha sección de Sólo Voces constitúe a Capela lucense para recuperar obras do arquivo musical da catedral de Lugo. En 2007, no marco do festival Via Stellae, Sólo Voces ofrece varios concertos en Galicia con obras de lucenses como Pascual Veiga, Juan Montes, Bal y Gay, e músicos da catedral lucense (García Julbe, Moreno Fontes e José Castiñeira). Este programa ofréceo en Lugo ao ano seguinte, na programación da Sociedade Filarmónica Lucense. En 2011, xunto coa Orquestra Vigo 430 fan soar en Lugo o Te Deum de Montes. Tamén neste ano organizou - con grande éxito de público - unha semana dedicada a Juan Montes (Xoán Montes, sóache?) que consistiu nun ciclo de conferencias e concertos sobre a música de Montes, e unha exposición de partituras e obxectos deste autor. En 2014, en colaboración coa Orquesta real Filarmonía de Galiza e o Collegium Compostelanum, estrea a obra "Penélope" de Octavio Vázquez baseada no poema homónimo de X. M. Díaz Castro, baixo a dirección de Maximino Zumalave. En 2016 participa no III Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, rescatando do arquivo da Catedral de Lugo obras dos tres últimos mestres de capela da catedral: Tapies Torres, García Julbe e Moreno Fuentes, nun exitoso concerto compartido con Juan de la Rubia. En 2017, co organista Arturo Barba, ofrece un novo concerto no IV Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, tamén con obras do repertorio catedralicio. En 2018, xa no V Festival de Órgano, ofrece un concerto coa organista danesa Inge Beck, com obras de Montes, Rheinberger e Brahms. En 2019 comparte concerto no Festival coa organista alemana Ulrike Northoff, no 2021 com o tialiano Gabriele Giacomelli, no 2022 coa danesa Vibeke Astner, no 2023 co polaco Mateusz Rzewuski e no 2024 con Felipe López.
Outros aspectos do repertorio levaron a Sólo Voces a cantar nos ámbitos máis diversos, mesturando o humor coa seriedade, a música coa poesía..., en toda Galicia e fóra dela: Casa de Galicia en Madrid, Casa de Galicia en Lisboa, programación musical de Advento en Salzburgo, e Praga..., facendo a zarzuela Bohemios, en Lugo, baixo a dirección de Jorge Rubio. Tamén é destacable a súa colaboración co grupo de instrumentos antigos Orpheon Consort, de Viena. Así mesmo, ofreceron un concerto monográfico sobre Tomás Luís de Vitoria en Ávila e Lugo, e outro monográfico sobre Cristóbal de Morales en Lugo e Ortigueira.
Sólo Voces participou en festivais de música: IX Certame de Música Sacra de Ourense, XXVII, XXVIII, XL, XLI e XLIII Semana de música do Corpus lucense, III, IV, V, VI, VII, VIII e IX Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, VII Bienal de polifonía rexional autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Tempada de Música Antiga no Douro en Lamego (Portugal). Tamén destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS, que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.
Colabora habitualmente co pianista vilalbés Aurelio Chao, quen participou en múltiples concertos e en todas as gravacións de Sólo Voces.