Vicente García Julbe

VICENTE GARCÍA JULBE (1903 - 1997)

Vicente García Julbe (1903 - 1997) nace en Vinarós (Castelló). Comeza os seus estudos de música aos oito anos na Academia de Música do Círculo Católico de Vinarós. Aos once ingresa no Seminario de Tortosa, e segue estudando música cos mestres Cumelles Ribó e Vicente Ripollés. Preséntase ás oposicións como Mestre de Capela da Catedral de Tarragona e queda segundo entre cinco opositores, detrás de  Mosén Tapies, que ao gañar a praza deixa vacante a que ocupaba en Catedral de Lugo .  

Representación de "Non chores Sabeliña" en Friol (1952)

En 1928 preséntase ás oposicións dun Beneficio con cargo de Mestre de Capela na Catedral de Lugo, e as gana. Desde aquel momento faise cargo tanto da música na Catedral como no Seminario, onde funda unha Schola Cantorum e imparte clases de Gregoriano. Participa na iniciativa da composición dunha zarzuela galega, na que colabora con Gustavo Freire e o mestre Junquera. Desta colaboración nace “Non chores, Sabeliña” que compón Gustavo Freire inspirándose nunha pregaria de Julbe.

Colexio do Corpus Christi del Patriarca na actualidade

En 1942 toma posesión dun Beneficio en Catedral de Lleida. En 1944 ocupa a praza de director do Colexio do Corpus Christi do Patriarca en Valencia. Compaxina estas actividades coa transcrición das obras musicais de J. B. Comes e de Francisco de Guerreiro.

En 1949 é nomeado Cóengo Prefecto de Música Sacra dá Catedral de Tortosa. Desde a súa xubilación volve a Vinarós, onde falece en 1997. O Arquivo da Catedral de Lugo conserva unhas trinta obras musicais desta gran personalidade musical.

19 - Vicente García Julbe - Genitori

PARTITURAS

 

sv431 Missa "Fons bonitatis"  Vicente García Julbe 1903   1997   STB + órg ca. 1933
sv399 Ego sum panis Vicente García Julbe 1903   1997   STB + órg   Abril de 1932
sv402 Ego sum pani Vicente García Julbe 1903   1997    tenor + órgão  
sv400 Jardín es mi pecho Vicente García Julbe 1903   1997    v + órg.   7 de Outubro de 1932
sv401 Véante mis ojos Vicente García Julbe 1903   1997     v + órg.   7 de Outubro de 1932
sv403 Cenantibus illis Vicente García Julbe 1903   1997   TTBB 1 de maio de 1943
sv404 Genitori Vicente García Julbe 1903   1997   TTBB  
sv406 Tu es Petrus Vicente García Julbe 1903   1997   TTBB 1942
sv405 Tota pulchra Vicente García Julbe 1903   1997   STTB  
sv407 Villancico Vicente García Julbe 1903   1997   SATB 11 de dezembro de 1940
sv432 Cantus paschalis Vicente García Julbe 1903   1997   SATB ca. 1939
sv433 Genitori Vicente García Julbe 1903   1997   SATB