Polos camiños de Lugo

"Polos camiños de Lugo" é unha serie de vídeos nos que se relaciona o patrimonio artístico (arquitectura, música, pintura) e paisaxístico da provincia de Lugo en referencia aos camiños históricos que a atravesan. Polos camiños de Lugo II e Polos camiños de Lugo III contan co patrocinio do departamento de Cultura da Deputación de Lugo.

Para iso buscamos a localización das gravacións en igrexas do rural lucense que contan cun valor engadido debido ás pinturas antigas que adornan os seus muros. Estas igrexas son S.Cristovo de Cancelo, en Triacastela, Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada, e San Tomé de Tórdea, en Castroverde. Contamos, ademais, coa inestimable colaboración de Antonio Vázquez Porto, presidente da asociación "Capela Sixtina de Galicia" en Santa María de Nogueira, e de Abel Quiroga Gallego, cura de Tórdea, en San Tomé, que puxeron ao noso servizo o seu amplo coñecemento sobre as igrexas referidas.

O repertorio escollido nas intervencións musicais de Solo Voces e Son de Corda teñen unha forte conexión coa provincia de Lugo achegando deste xeito unhas pinceladas de mostra do patrimonio musical lucense. Algunhas das obras presentadas, as pertencentes ao arquivo catedralicio de Lugo, foron gravadas por primeira vez. As obras interpretadas nos vídeos son:

Polos camiños de Lugo I - San Cristovo de Cancelo (Triacastela):

  • "Beati omnes qui timent" Ad. Vs. Corp. Christ. (Salmo 127) de Manuel Méndez (c.1750-1817), obra do arquivo da Catedral de Lugo. Cantoral de Polifonía, 1792
  • "Cada noite eu chorando" arranxo de Julio Domínguez (n. 1965) dunha melodía de Maximino Zumalave (n. 1956) sobre un poema de Rosalía de Castro (1837 - 1885)

Polos camiños de Lugo II - Sta. María de Nogueira de Miño (Chantada)

  • "Tourdion", canción báquica anónima publicada en París (1530) por Pierre Attaignant
  • "Negra sombra" de Xoán Montes (1840 - 1899) sobre un poema de Rosalía de Castro (1837 - 1885)

Polos camiños de Lugo III - San Tome de Tórdea (Castoverde) (Interpretadas por SON DE CORDA)

  • "Magnificat Primi Toni", obra anónima do arquivo da Catedral de Lugo. Cantoral de Polifonía, 1766
  • "Fontiña do caravel" de Javier Gómez Jácome (n. 1971) sobre un poema de Uxío Novoneyra (1930 - 1999)

Polos camiños de Lugo I - San Cristovo de Cancelo (Triacastela)

Polos camiños de Lugo II - Sta. María de Nogueira de Miño (Chantada)

Polos camiños de Lugo III - San Tome de Tórdea (Castoverde)