José Castiñeira

JOSÉ CASTIÑEIRA PARDO (1928-1989) 

Nace en Aspai (Outeiro de Rei - Lugo), o 23 de febreiro de 1928. Ingresa no Seminario Diocesano de Lugo en 1941, onde segue os cursos de Latín e Humanidades. Despois de realizar estes estudos marcha con bolsa a Roma, a cursar Filosofía á Universidade Gregoriana. Debido a unha problemática enfermidade, vese obrigado a retornar a Lugo dous anos despois, e tras un período de recuperación na súa casa de Aspai, continúa no Seminario Maior de Lugo os seus estudos de Filosofía e Teoloxía. Ordenouse sacerdote o 17 de maio de 1953.

Por indicación dos seus superiores volve a Roma a ampliar estudos. Alí alcanza a licenciatura en Sacra Teoloxía no Ateneo de Roma, e no Pontificio Instituto de Música Sacra de Roma as seguintes especialidades: Licenciatura en Canto Gregoriano e cursos do Doutoramento, Magistratura en Harmonía, Composición e Dirección, Bacharelato en  Musicología, Bacharelato en Paleografía Gregoriana.

Xa en Lugo de novo en 1961, gana por oposición a canonxía que vai anexa ao cargo de Prefecto da Música da Catedral Lucense. No Seminario é nomeado profesor de música, dando un novo aire á xa case extinguida Scholla Cantorum, á que dota dunha importante sección instrumental. Creou e dirixiu durante seis anos a Coral do Círculo das Artes e por espazo de dous dirixiu a Coral Polifónica de Lugo, auspiciada pola Deputación Provincial de Lugo, e que el mesmo reorganizou, ambas hoxe en día desaparecidas. No colexio das MM Josefinas de Lugo ensinou Filosofía e Relixión Católica. Presidiu a comisión Diocesana de Música Sacra e pertenceu como vogal á de Liturxia, Música e Arte Sacra. Foi nomeado reitor do Seminario no ano 1971, cargo que desempeñará ata o ano 1981, unha época moi difícil marcada por profundos cambios postconciliares. A pesar de todo, aínda que o número de vocacións non era o desexado, non é dato despreciable o importante número de alumnos que se educaron nas aulas do Seminario daquela época e que hoxe día ocupan cargos importantes no mundo social, político, literario e por suposto musical, tanto na nosa cidade como en toda a xeografía española. Pensando en realzar o culto da Catedral lucense, fundou no 1982 o Orfeón Lucense, formación que aínda hoxe segue en funcionamento. Foi nomeado pouco despois membro do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, momento no é designado como director da Escola de Canto da Deputación, organismo que nace grazas ao seu empeño, e que aínda hoxe perdura co nome "Escolanía de Canto Xosé Castiñeira Pardo da Deputación Provincial de Lugo". Faleceu o 31 de Outubro de 1989 na cidade de Lugo, sendo instalada a Capela ardente no Seminario Diocesano. O funeral de corpore insepulto celebrouse o día 2 de Novembro no altar maior da Catedral, sendo enterrado no cemiterio  capitular E.P.D. Unha avenida na nova parte da Cidade de Lugo, e un monólito dedicado polo Pobo de Lugo, lémbrannos a gran figura que supuxo Don José Castiñeira Pardo para a nosa cidade e diocese de Lugo.

Luís Varela Castiñeira

Schola Cantorum do Seminario de Lugo

Traballo de fin de máster de María Fouz Moreno sobre Castiñeira: "JOSÉ CASTIÑEIRA PARDO (1928-1989).EL ÚLTIMO PREFECTO DE MÚSICA DE LA CATEDRAL DE LUGO" Ano 2012. Descargar en pdf

A súa obra musical non é moi coñecida por non estar publicada ata agora, pero a súa obra como compositor é notable. Autor de temas litúrxicos e melodías populares. É tamén notable a súa calidade de arreglista (a maior parte da súa obra) e armonizador. Foi un dos primeiros en compoñer música relixiosa en galego. Entre estas as súas obras destaca:

I. MUSICA RELIXIOSA

A.MISAS:

Misa Galega I

Misa Galega II

Misa Galega a Coro e dúas Gaitas.

Misa Dominical, a dos voces y coro.
Misa Pascual

Misa Solemne, a cinco voces y órgano.

Misa Breve (Arr. original de Avedillo - Manzano).

Misa Coral, Breve y fácil

Misa Coral, Breve y Fácil II

Misa brevísima

Misa (III) en Latín,

Misa Crismal .

Misa I

Misa Festiva, a coro de voces mixtas e coro popular,

Misa para as exequias de Adultos.

B. PARTES DA MISA 

1.CANTOS DE ENTRADA 

Aledémonos.

2.SALMOS

Proclama mi alma 
¡Qué alegría...! 

El señor es mi pastor 

3.CREDO 

Credo a voces graves 

4.COMUÑÓN

Loa al Santísimo.

5.MARÍA

Salve Raíña 

Alegrate María. 

Salve Reina de los cielos 
Reina de Cielo

II. PROPIO DO TIEMPO

A. VILLANCICOS / PANXOLIÑAS:

Repicade Anxeliños

Vamos pastorciños, versión en galego.

Vamos Amiguiños

Venid a Belén.

Panxoliña.

Noite Boa.

Rin a voces

B.VARIOS 

Propio del Corpus 

Propio del Domingo de Pascua. 

Propio del Viernes Santo. 

Propio del tercer domingo de Pascua. 

C. LITURXIA DAS HORAS 

Vísperas para la infraoctava del Corpus (1986) 

Vísperas para el sábado después del Corpus 

Magnificat. 

D. HIMNOS 

Himno al fundador de HH. de AA. Desamparados 

Himno Centenario, H.H. Asilo, 1885 - 1985 

E. VARIOS 

Letanías de los Santos 

Respostas da Misa en Galego 

Señor danos el agua viva. 

OH REDEMPTOR. 

III.MUSICA PROFANA

Morriña.

Ti que lle deches?

O pasar polo lugare, o pasala ponte

 

PARTITURAS

 

sv257 Reina del cielo José Castiñeira Pardo 1928   1989   Regina coeli   SATTB + órgão 1968
sv254 Misa Pascual José Castiñeira Pardo 1928   1989   Coro popular + SATTB + órgão 1970
sv255 Proclama mi alma José Castiñeira Pardo 1928   1989   Magnificat   SATTB + órgão 1986
sv256 ¡Qué alegría! José Castiñeira Pardo 1928   1989   Laetatus sum   SATB (div.)+ órgão 1986