30 de xaneiro: Concerto no Día Internacional da Non Violencia

Sabemos que a consonancia entre Erato e Euterpe nos vén agasallando dende sempre con fermosas cancións, pero cando o Amor se lle suma... a harmonía xa é perfecta! Como resistirse a ese sentimento, que nos quita o sono e nos regresa unha e outra vez, cando chega en forma de canción?

No concerto de hoxe ofrecémosvos 10 marabillosas obras do renacemento cun interludio e un epílogo de dúas obras modernas cada un, todas elas dedicas a diversas manifestacións do Amor.

Sendo o amor a mellor vacina contra a violencia, valla para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia.