Concerto 30º aniversario de Solo Voces II. 21/01/23

Solo Voces volvemos ofrecer o público lugués o noso concerto de 30º aniversario. Celebrando os 30 anos de existencia, o pasado 26 de novembro ofrecemos un concerto especial en "O Vello Cárcere". Debido ao escaso aforo do local moita xente non puido asistir nesa ocasión. Para eles e elas vai esta nova edición do concerto, esta vez na Igrexa de San Pedro (Lugo) ás 19:30. Entrada libre até completar aforo. O programa, aquí: