Concerto das Letras Galegas en Lugo - 2023

Celebrando o día das Letras Galegas, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego, os coros de Lugo esparexeremos as nosas voces na cidade o día 17 de maio, entre as 18:00 e as 20:00 h. Ao final xuntarémonos todos na escalinata da Praza Maior para render homenaxe a Rosalía de Castro e a Xoán Montes cantando todos xuntos, mais de 100 voces, a famosa "Negra sombra". Remataremos co himno galego entoado por todos os asistentes.
Solo Voces estaremos cantando na Praza de San Marcos ás 18:30 h.