Concerto de Solo Voces en Ferreira de Pantón

O domingo 29 de maio Solo Voces ofreceremos un concerto no claustro do convento cisterciense de Ferreira de Pantón. O programa vai ser unha selección do noso repertorio moi ecléctica, que amosará as distintas facetas do noso traballo.