Solo Voces cantará un MAGNIFICAT anónimo do arquivo da Catedral de Lugo

O 21 de novembro, invitado polo prefeito de música de S.I.C.B. de Lugo cantaremos na véspera de Santa Cecilia, padroeira cristiá de músicos. A celebración reunirá prácticamente todos os coros de Lugo, once coros cantando en diferentes momentos da Eucaristía que comezará ás 20:00.

A participación de Solo Voces consistirá na interpretación do Magnificat, unha obra de polifonía a 4 voces, anónima, conservada no arquivo da Catedral. Este Magnificat foi transcrito polo musicólogo Andrés Díaz, que estima a súa datación a finais do século XVI. É unha composición de factura brillante.

Aquí tendes unha páxina do manuscrito: