“SOLO VOCES”, ÉXITO EN PRAGA

O Grupo lucense “Solo Voces” estivo esta ponte en Praga invitado para dar dous concertos dentro de programa de música de nadal que se desenvolve na capital checa. O primeiro foi no templo de San Nicolás, dentro dunha sesión na que participaron unha decena de corais e que duró ao redor de 8 horas, co templo completamente cheo. Os lucenses fixeron unha parte de música de Nadal española e outra dedicada ás panxoliñas galegas.