Novas

20 pezas para a muralla

30 de novembro de 2020. 20:30 horas. Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
Con motivo do 20º aniversario da declaración da muralla romana de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade o Concello de Lugo (Concellería de Cultura) presenta o concerto "20 pezas para a muralla" onde tres coros de Lugo cantaremos 20 pezas, unha por cada ano de aniversario da devandita declaración. Estarán connosco o coro de voces brancas Cantar Delas, e o Coro do Hospital de Lugo. Reserva de entradas, na Oficina de Turismo de Lugo e a través de Internet en: /https://www.entradaslugo.es/

Concerto Solo Voces: XIX ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DA MURALLA DE LUGO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

SOLO VOCES. Concerto XIX ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DA MURALLA DE LUGO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Actos conmemorativos da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade.
Día 30 de novembro, sábado, ás 19:30 horas no patio do Cárcere Vello de Lugo.
Un concerto con un repertorio moi sentimental dedicado ás persoas que sofreron persecución polas súas ideas políticas. Pretende ser un bálsamo a tanto sofrimento que albergaron as paredes deste emblemático edificio: o vello cárcere. E todo o espectáculo fiado num guión escrito por Xosé Luís Ansemil.

Solo Voces interpretou xunto a Ulrike Northoff obras de Castiñeira, Mendelssohn y Rheinberger

A nossa cuarta participación no Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi levounos este ano a interpretar unhas marabillosas obras de Mendelssohn (Verlaih' uns Frieden), Rheinberger (Stabat Mater) e do noso querido e sempre recordado P. José Castiñeira Pardo (Reina del cielo)

IV Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi: Ulrike Northoff e Solo Voces

21 de xuño de 2019. Dentro do cuarto dos concertos do IV Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi a organista alemana Ulrike Northoff ofrecerá un concerto no que intervirá o grupo lucense Solo Voces con obras de Mendelssohn, Rheinberger, Julve e Castiñeira. Estes dous últimos autores, mestres de capela da S. I. C. B. de Lugo.

Páxinas