Novas

15 de xuño - Solo Voces no último concerto do "VIII Festival Internacional de Órgano del Corpus Christi de Lugo"

O 15 de xuño, às 21:00 na Catedral de Santa María, Lugo, Solo Voces e a organista Vibeke Astner ofrecerán o último concirto do "VIII Festival Internacional de Órgano del orpus Christi de Lugo". No programa, como habitualmente, algunhas obras do arquivo da catedral luguesa.

Concertos en torno ao Corpus lugués e o Camiño Primitivo

O Grupo Vocal Solo Voces participaremos na serie de concertos que a Diócese de Lugo organiza entorno á celebración do Corpus Lugués e á posta en valor das igrexas e patrimonio artístico do Camiño Primitivo. O 15 de xuño daremos un concerto na Catedral de Lugo xunto á organista Vibeke Astner dentro do Festival de Órgano do Corpus Christi. O 9 de xullo participaremos na Noite Coral. O 15 de xullo, no ciclo Música no Camiño, faremos un concerto na igrexa do Carmen (Lugo) e o 16 de xullo en Vilabade.

Concerto em favor dos refugiados ucranianos

Sábado 9
Igrexa de San Vicenzo de Rábade
20.30 horas
5€
O vindeiro sábado, celebraremos un concerto de música coral, a cargo do Grupo Sólo Voces, coa finalidade de recadar fondos, para contribuir a paliar a crise humanitaria, provocada en Ucrania pola invasión rusa.
As entradas colaboración teñen un custo de 5€, e poden ser adquiridas no Concello, así como en deiferentes establecimentos comerciais da vila, que colaboran neste evento; asimismo existe unha fila 0 para colaboracions económica que se queiran aportar, na conta que figura no cartel.
A totalidade da recadación será entregada a ACCEM, entidade que está a coaborar na xestión desta axuda humanitaria.
Neste evento colabora Solo Voces, a Asociación Águeda de Rábade, a Asociación de Hosteleiros de Rábade, a Asociación de Comerciantes de Rábade, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial, e o ÍES Río Miño.
Dende o Concello agradecemos a vosa colaboración, e máxima difusión do evento.

30 de xaneiro: Concerto no Día Internacional da Non Violencia

Sabemos que a consonancia entre Erato e Euterpe nos vén agasallando dende sempre con fermosas cancións, pero cando o Amor se lle suma... a harmonía xa é perfecta! Como resistirse a ese sentimento, que nos quita o sono e nos regresa unha e outra vez, cando chega en forma de canción?

No concerto de hoxe ofrecémosvos 10 marabillosas obras do renacemento cun interludio e un epílogo de dúas obras modernas cada un, todas elas dedicas a diversas manifestacións do Amor.

Sendo o amor a mellor vacina contra a violencia, valla para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia.

Concerto de Nadal

Concerto de Nadal na Catedral de Lugo. O domingo 19 de decembro ás 20:45 ofreceremos ao público lucense un concerto con música de Nadal. A entrada será de balde até completar o aforo.

Páxinas