Novas

Todo pola música

Os nosos compañeiros Benito, Belén, Carmen, Esperanza y Miguel xunto cos alunos de música sairán á rua o dia 11 de abril para participar no programa Musiqueando da Confederación de asociacións de educación musical. Trátase dunha actividade que en toda España mobilizará a 40.000 alunos de música cos seus profesores. Bravo por eles!

“SOLO VOCES”, ÉXITO EN PRAGA

O Grupo lucense “Solo Voces” estivo esta ponte en Praga invitado para dar dous concertos dentro de programa de música de nadal que se desenvolve na capital checa. O primeiro foi no templo de San Nicolás, dentro dunha sesión na que participaron unha decena de corais e que duró ao redor de 8 horas, co templo completamente cheo. Os lucenses fixeron unha parte de música de Nadal española e outra dedicada ás panxoliñas galegas.

Páxinas